26/06/09

Conversa nun chat


Dubido que poida aportar algo á historia do galeguismo. Non son tan pretencioso como para abrigar tal esperanza. En todo caso, vou reproducir parte dunha conversa que acabo de manter -a través dun “chat”- cun amigo que é lector crítico dos meus artigos e que simpatiza co PNG-PG (o de Rodríguez Peña):

- Antonio, vouche levantar o arresto polo artigo de hoxe, vaste redimindo…

- Esta vez fun ó mércores…

- Estivo moi ben e sabes que cando non me gustan, insúltote. Pero este estivo moi ben, aínda que un pouco curto.

- ¿Curto, por qué?

- Tiñas que teorizar máis.

- Pero o espazo é o que é.

- Xa, xa o sei. Pero podías ter feito varias partes do tema, que é apaixonante. A dereita galeguista… Sabes que me interesa moitísimo.

- Xa sei, xa sei. Pero as columnas por capítulos aínda non foron introducidas nos manuais do xornalismo.

- Pero, podías afondar igual.

- Ó afondar chégase ó PNG-PG (Díxeno con intención).

- Ok. De p. m.

- Pero estades presos do sarillo da UPG.

- Somos reféns mutuos.

- Pois tedes que soltar o lastre e veredes como crece o partido.

- Non che sei. Sonche maos tempos para o galeguismo.

- Non creo que sexan tanto. O que son é malos para o "nazonalismo"

- Si, pode ser. Excepto para o nazonalismo español, quererás dicir.

- O “nazonalismo” español é aznarisimo

- E zapaterismo…

- Por certo. ¿Cantos militantes terá o PNG? É que se cadra teorizo sobre isto nalgún artigo.

- De carné uns 200, creo. Simpatizantes, un millón e medio.

- ¿Como? ¡1.500.000!

- Si. O noventa por cento do país é do PNG. Sábelo de sobra. Ata ti simpatizas. Ti, que dalgunha maneira es alma do país. Polo menos do país no que me movo.

- Voulle ter que dar unha relectura ó seu ideario. Gracias, son verbas que me engaiolan…

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada