Era pola festa do Cristal, é dicir, polo mes de setembro, hai uns cantos anos xa. Foi con motivo de asistirmos en Salamanca a unhas xornadas sobre fundacións de escritores, no fermoso casal que garda a memoria de Unamuno, a carón mesmo da famosa fachada da ra, da Universidade castelá.
Chegamos un día antes do inicio, coa noite alta, e como aínda non tiñamos habitación no lugar do encontro, que era na Residencia de Fonseca, paramos no primeiro hotel que atopamos ó entrarmos na cidade, o Helmántico, se a memoria non me falla, que aínda debe seguir aberto enfronte do campo de fútbol do equipo da capital.
Pedimos habitación e o mozo que estaba na recepción díxonos que tiña que mirar, pois a aquelas horas non era fácil.
Entón dixémoslle que con que houbera unha solucionabamos o problema, pois, total, por unha noite non iamos ter moito tempo para protestar.
O mozo esculcou ben na pantalla e ó final concedeunos unha dobre que cubriu dabondo as nosas necesidades ocasionais.
Subimos a equipaxe e logo de nos refrescar un pouco, baixamos de novo co obxectivo de procurarmos un lugar onde metermos algo no bandullo denantes de retirármonos a descansar.
Paramos novamente onda o conserxe e preguntámoslle onde poderiamos tomar algo.
A súa resposta -máis galega ca castelá- sorprendeunos encorchetada entre interrogantes: “¿Qué quieren? ¿Algo de ambiente?”, preguntounos o rapaz, algo tímido fronte a unha situación que el intuía e que nós sabiamos que non era tal.
“O que queremos é cear” contestámoslle, nun correcto castelán.
Evidentemente o mozo tomounos polo que non eramos, aínda que nós –algo zorros- deixámonos levar sen preocuparnos o que puidera pensar o rapaz.
Estes días non está de viaxe, senón nunha habitación do hospital Xeral de Vigo recuperándose dunha operación cirúrxica, e eu escríbolle esta columna para dicirlle o que sabe xa: Que somos un exército os que o estamos a agardar.

2 comentarios:
Yo también he estado alojado en el Hotel Helmántico, y el trato al cliente es exquisito.
Eu non puxen en dúbida o trato do persoal do hotel Helmántico. Simplemente dou a entender que o home mal interpretou que eramos o que non somos. Nada máis, pois o trato tamén foi moi correcto.
Publicar un comentario en la entrada